Pero as aflixidas pupilas de Zimbo mirárono desde a profundidade do escenario e o Monicrequeiro lembrou que para ser feliz, o máis difícil é descubrir que é o que desexas. Hai lazos que deben romperse para que outros, como o afecto, non se rompan nunca. Esta historia emotiva no texto e as ilustracións, non oculta o duro que resulta deixar marchar as persoas que un quere: E a cada corda que cortaba, o Monicrequeiro notaba como se rompían os fíos que tensaban a súa alma pero ao pequeno protagonista esperáballe ao outro lado do mundo, a liberdadeà coa que tanto soñara.
- Titulo: Zimbo
- Autor:
- Editora: OQO
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2011
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 5 A 6 AÑOS
- ISBN: 9788498713152