O protagonista e narrador desta historia é un escuro traballador barcelonés que coñece casualmente a unha fermosísima e enigmática rapaza. Ese encontro vai determinar un cambio radical na súa vida, pois a paixón amorosa que o domina o levará a facer cousas das que nunca se tería considerado capaz. As ambicións durmidas e a arela de emprender unha vida nova, distinta á que lle tocou en sorte pola súa modesta condición social, son outros elementos dos que o autor bota man para facturar un relato tan sobrio como intrigante.Unha novela policíaca, que é tamén unha historia de amor que desemboca nun inesperado final
- Titulo: Xogo sucio
- Autor: Pedrolo, Manuel de
- Editora: GALAXIA
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA BLANDA O BOLSILLO
- Ano de edição: 2011
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 10 A 12 AÑOS
- ISBN: 9788498653533