Galaxia publica o novo libro-disco de Mamá Cabra, ilustrado, coma o exitoso Ola, ola, la!, por Kristina Sabaite, no que participan importantes poetas galegos, neste caso Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e a propia Gloria M. Roel, vocalista do grupo e que desta volta se anima tamén a compoñer letras. Un mollo de cancións para esperar con máis ilusión a chegada dos Magos. Unha presada de temas para cantar, para bailar, para choutar coa mesma ledicia e enerxía que sempre atopamos nos discos de Mamá Cabra.O novo libro-disco de Mamá Cabra
- Titulo: Xa me tardan estes Magos
- Autor: Mosquera Roel, Gloria;García Teijerio, Antonio;Cortizas Amado, Antón;Sánchez García, Gloria
- Editora: GALAXIA
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2011
- Assunto: LIBROS > ARTE, ARQUITECTURA, CINE Y FOTOGRAFIA > MUSICA;LIBROS > VIAJES Y MAPAS > FOLCLORE;LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS
- ISBN: 9788498653908