A meirande parte dos animais son sedentarios: viven sempre no mesmo sitio ou fan desprazamentos curtos. Pero a lenta evolución dos continentes, os cambios Do clima e as transformacións do contorno levan a moitas especies a viaxar para sobrevivir… Este libro permite acompañar os animais que -por terra, mar e aire- realizan as viaxes máis longas e arriscadas. Uns realizan travesías de milleiros de quilómetros, atravesando continentes e océanos, entre onde pasan o inverno e a súa residencia de verán, ou dende as zonas de cría ás de alimentación. Outros fan traxectos curtos pero expoñéndose a toda clase de perigos y vicisitudes. Estes desprazamentos son asombrosas aventuras que poñen a proba a resistencia de cada criatura, a súa obstinada determinación e capacidade de orientación.
- Titulo: VIAXEIROS
- Autor: Gutiérrez, Xulio;Fernández, Nicolás
- Editora: FAKTORIA K DE LIBROS
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2019
- Assunto: LIBROS > CIENCIAS, TECNOLOGIA Y MEDICINA > NATURALEZA;LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS
- ISBN: 9788416721382