En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, inícianse e remátanse as historias desta novela. No seu centro, dúas irmás: Eri, ensumida no sono do esquecemento, e Mari, a lectora solitaria. Cabo delas, un mozo trombonista de jazz, as empregadas dun love hotel e un frío e escuro executivo. Xente da noite, vidas que conflúen, segredos descubertos e preguntas que ás veces non precisan resposta. Cada un dos capítulos de Tras do solpor posúe, concentrada, a mesma forza de atracción hipnótica que Haruki Murakami amosara anteriormente en Norwegian Wood ou Kafka on the Shore. A nova novela dun dos grandes escritores xaponeses contemporáneos, por primeira vez traducido para o galego.
- Titulo: Tras do solpor
- Autor: Murakami, Haruki
- Editora: GALAXIA
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA BLANDA O BOLSILLO
- Ano de edição: 2008
- Assunto: