Manuel García Barros adoita ser cualificado como narrador e xornalista, o que contribuíu a un fondo descoñecemento do seu espazo poético, aínda que o verso foi anterior ao seu longo percorrer narrativo e periodístico. Na súa lírica, inédita ou espallada en xornais e revistas da época, descubrimos pezas moi rítmicas, con omnipresencia da natureza, un verdadeiro hilozoísmo, e cunha variada galería de temáticas que van das composicións de circunstancias e festivas, ata as amorosas, sobre a morte, a identificación coa Terra e a loita pola dignidade dos labregos, sen esquecer o seu lado com- bativo contra o caciquismo e as diferenzas sociais. Unha recompilación que permite, a quen ao autor de Berres se queira achegar, ter unha visión de conxunto da súa obra poética. Un elo, máis que necesario, para que García Barros pase a ocupar o lugar reservado para a súa obra e a súa figura nas letras galegas.
- Titulo: Sonoridade das auras. Poesía reunida
- Autor: García Barros, Manuel
- Editora: GALAXIA
- Idioma: Galego
- Capa: RUSTICA
- Ano de edição: 2022
- Assunto: LIBROS > LITERATURA > POESIA
- ISBN: 9788491518471