Pésimo é un pai de familia un pouco desconectado do mundo real. Como non puido ir de vacacións en verán, en outono programou uns días especiais en Galicia coa súa familia. O que non imaxinaba é que alí se verían sorprendidos por un terrible desastre ecolóxico, cando o buque Prestige derrama toneladas e toneladas de petróleo no mar. Coa contaminación, a costa galega deixa de ser un destino de lecer, e a familia Pésimo, de común acordo, deseguida se dispón a axudar na limpeza das praias. Ao seu regreso das vacacións, transformados por esa experiencia, a familia decide cambiar algúns dos seus comportamentos e levar unha vida máis respectuosa co medio ambiente. Con eles tamén nós aprenderemos a ser o ‘máximo’. Con eles converterémonos en Ecoguerreiros.
- Titulo: Señor Pésimo e o máximo
- Autor: Ribeiro, João Manuel
- Editora: HERCULES EDICIONES
- Idioma: Galego
- Capa: LIBRO EN OTRO FORMATO
- Ano de edição: 2017
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 10 A 12 AÑOS