Rufus era un morcego. Durante o día, penduraba do teito da súa cova e durmía. Polas noites, saía da cova e ía de caza. Unha noite, viu un cinema ao ar libre onde botaban un filme. Era a primeira vez que Rufus vía cores brillantes… ‘Rufus’ é un clásico de 1961 ao que precederon outros álbums destacados nos que Tomi Ungerer elixía animais pouco convencionais como protagonistas: a boa ‘Críctor’ (1958), a canguro ‘Adelaida’ (1959) e o polbo ‘Emilio’ (1960) tamén encarnaron intrépidas aventuras. Na historia do morcego que adoraba as cores, o autor critica os prexuízos da sociedade cara a quen é diferente ou se aparta dos canons establecidos.
- Titulo: RUFUS
- Autor: Ungerer, Tomi
- Editora: KALANDRAKA
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2017
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS
- ISBN: 9788484643159