Esta obra monumental constitúe un utilísimo instrumento para calquera outra investigación sobre Rosalía de Castro. Temos á man documentación cronobiográfica fundamental, como a que demostra, por exemplo, a vida tan temperá da autora coa súa nai, en Padrón (segundo achado do finado Manuel Pérez Grueiro no rexistro deste concello), o que valerá de vez -esperamos- para desmontar fantasías sen fundamento ningún sobre as relacións materno-filiais. Temos un completo percurso pola crítica contemporánea de Rosalía, que nos ilustra sobre a recepción que a súa obra merecía. Fica debuxada unha biografía, con dados certos, tantas veces falseada ou ocultada;permítenos o libro practicarmos un itinerario crítico onde non se ocultan dados, autores, nin se furtan valoracións, cousa sempre de agradecer para os que estimamos que se xogue ‘coas cartas boca arriba’ e non, como tantas veces padecemos, usando da ‘vaporización’ orwelliana para facer desaparecer (como se houbese que asentir ao revival do ‘Indice’) obras ben significativas e valiosas da fortuna crítica de Rosalía de Castro.
- Titulo: ROSALÍA DE CASTRO. ESTUDIOS SOBRE A VIDA E A OBRA
- Autor: Andrés Pociña e Aurora López
- Editora: LAIOVENTO (IBD)
- Idioma: Galego
- Capa: OTRO FORMATO LIBRO
- Ano de edição: 2015
- Assunto: LIBROS > LITERATURA > ENSAYOS