A serie «Quen son? Crías de animais» presenta varias especies de mamíferos e de aves agrupadas por continentes para inspirar a curiosidade pola fauna e polo coidado da natureza dende as primeiras idades. Cada título inclúe sete crías: con textos sinxelos e descritivos, acompañados dunha suxestiva ilustración, cada unha preséntase cunha adiviña e establece un diálogo directo e activo coas lectoras e cos lectores;o enigma resólvese ao pasar a páxina, onde aparece coa súa familia no seu hábitat natural, ampliando a información sobre a contorna, os costumes e as características físicas dos adultos. Son textos cientificamente rigorosos que plasman a realidade da natureza de forma doada e comprensible, ademais de amosar a biodiversidade e as distintas formas de crianza. Realizadas con grafito e suavemente coloreadas, as imaxes son realistas e de gran detallismo, fieis aos canons da ilustración científica, e destacan pola expresividade e pola tenrura dos protagonistas.
- Titulo: Quen son? Crías de animais – África
- Autor: Pelayo, Isabel
- Editora: FAKTORIA K DE LIBROS
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2021
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 3 A 4 AÑOS
- ISBN: 9788416721863