Na Illa Kola a seca provocou que os cartos deixasen de ter valor. Todo se medía pola auga e con ela vendíase e comprábase. Alí, Omar, un rapaz orfo, recibe, das mans dun estraño mensaxeiro con forma de oso, unha carta case indescifrable na que se fala do famoso Tesouro de Kola. E velaquí que, aquel día, un oso, un mensaxeiro e un rapaz comezan unha aventura que os levará polas catro rexións da Illa Kola, sen sospeitar que unha ameazadora sombra os ía seguindo.
- Titulo: Premio EDEBÉ de Lit. Infantil 2011: Na procura do Tesouro de Kola
- Autor: Edna Virginia López Hernández
- Editora: RODEIRA
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA BLANDA O BOLSILLO
- Ano de edição: 2011
- Assunto: LIBROS > NARRATIVA
- ISBN: 9788483493038