Se os peores prognósticos se cumprisen, en 2050 o peso do plástico nos océanos superaría o dos propios peixes;non en van, calcúlase que uns 8 millóns de toneladas dese material -do cal a metade é dun só uso- acaban cada ano no ecosistema mariño. Este libro é unha guía que presenta a ficha científica desa ?especie invasora? que urxe erradicar. A autora e promotora do proxecto «Plasticus maritimus», Ana Pêgo, medrou á beira dunha praia, observando, aprendendo e apreciando a súa biodiversidade, forxando a activista na que se converteu como beachcomber nunha rede internacional de expertos que axudan a identificar os plásticos recollidos. Dende os obxectos nos que queda atrapada a fauna mariña ou intoxicada pola súa inxesta ata os microplásticos de menos de 5 mm. que se introducen na cadea trófica, esta obra alerta sobre un tipo de contaminación que xa formou a súa propia illa no Pacífico.
- Titulo: Plasticus maritimus. Unha especie invasora
- Autor: Pêgo, Ana
- Editora: KALANDRAKA
- Idioma: Galego
- Capa: RUSTICA
- Ano de edição: 2020
- Assunto: LIBROS > CIENCIAS, TECNOLOGIA Y MEDICINA > ECOLOGIA Y MEDIO AMBIENTE;LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS