Sen afastarse nunca do sentido do humor, apelando sempre á falibilidade humana e á empatía, a autora condúcenos nun relato áxil a través de vidas entrecruzadas. Un home de pro, machista militante e con éxito social, unha esposa sometida, unha nai rebelde, dúas migrantes vítimas do mundo da prostitución, outras dúas mulleres procedentes do rural abocadas ao servizo e unha moza urbana que conta coas ferramentas para revolucionar o mundo, dan forma a esta historia de supervivencias. Cada unha das protagonistas, e todas xuntas, vanlle dar un novo sentido ao concepto do triunfo. Daquela, estamos tamén ante unha historia de xustiza poética, de rebelión, de esperanza.
- Titulo: PEREZ, HISTORIA DUN TRIUNFADOR
- Autor: PEROZO PORTEIRO, MARIA LLERENA
- Editora: GALAXIA
- Idioma: Galego
- Capa: OTRO FORMATO LIBRO
- Ano de edição: 2021
- Assunto: