As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros, Brancaflor, os mouros, a herba de namorar, a Raíña Lupa, os moradores dos castros, o rato que leva os dentes das crianzas, a noite de San Xoán, as bruxas, o lobishome, os biosbardos, a estadea, o home do saco ou as cidades asolagadas son algúns dos habitantes desta «Pequena Mitoloxía de Galicia» escrita por Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba. As súas páxinas introdúcente nun mundo máxico, entre lóstregos salvaxes e paxaros de bo e mal agoiro, para que consigas roubar o peite da moura, para que recollas os carbóns que se converten nun tesouro e para que aprendas a sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos antes de que Pedro Chosco che pouse o sono na almofada.
- Titulo: Pequena mitoloxía de Galicia
- Autor: Reigosa, Antonio
- Editora: XERAIS
- Idioma: Galego
- Capa: OTRO FORMATO LIBRO
- Ano de edição: 2022
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL
- ISBN: 9788411101530