Non tiña amigos no colexio, nin falta que me facían. A min gustábame máis estar só. Sentaba nun banco e vía como xogaban os demais e pensaba que parecían tontos. Á hora de xantar achegóuseme un dúa un novo. Levaba bombachos, era birollo e tiña os pés cara a dentro. Non me gustou, non tiña boa pinta. Sentou nun banco, preto de min… ‘Pan con xamón’ é un relato autobiográfico no que Charles Bukowski narra, a través do seu propio alter ego, Henry CHinasky, o seu paso pola infancia e a adolescencia. A obra transcorre na cidade californiana dos Ánxeles durante os anos da Gran Depresión. O mozo Henry amosa a sordidez na que malviven as clases máis baixas, desocupadas e agobiadas pola crise económica. Un mundo atroz, personificado na brutalidade do pai, a submisión da nai, o sadismo dos nenos… Un mundo no que hai moi ppoucas posibilidades de fuga.
- Titulo: Pan con xamón
- Autor: Bukowski, Charles
- Editora: FAKTORIA K DE LIBROS
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA BLANDA O BOLSILLO
- Ano de edição: 2009
- Assunto: LIBROS > NARRATIVA
- ISBN: 9788496957725