O outro lado da música, a poesía publicouse nos solpores dos anos noventa abeirado polo contexto da escrita poética e ensaística declaradamente musicais da súa autora, e cualificado no seu día como un convite a nos abismar ôpolos camiños da metáfora e das semifusasö, conscientes de que ôpoucos ensaios hai tan acertados sobre a música e a poesíaö (Lino Braxe). Neste douto e orixinal ensaio, que agora Editorial Galaxia reedita, lévase a cabo unha relectura da historia da poesía galega procurando nesta a presenza substantiva da música, dende a Idade Media ata as Irmandades da Fala e a época Nós, e que converte a obra nun exercicio fundamental para mellor comprender tanto a poesía galega de todo tempo como a propia escritura de Luísa Villalta.
- Titulo: OUTRO LADO DA MUSICA, O
- Autor: VILLALTA, LUIS
- Editora: GALAXIA
- Idioma: Galego
- Capa: OTRO FORMATO LIBRO
- Ano de edição: 2021
- Assunto: