Título: Os servizos no cambio de modelo agrario.Subtítulo: Especialización, asociacionismo e cooperativismoEste libro da conta da importancia dos servizos no proceso de cambiono sector agrario ao longo das últimas décadas. Debulla o modo enque, ao longo das últimas décadas, os profesionais do agro e da ganderíaen Galicia van botando man de diversos servizos para incorporarinnovacións, adaptarse a un mercado e un cadro regulador cada vezmáis complexos e así poder manter a súa competitividade no mercado,coidar do medio ambiente e proporcionar bos alimentos, sen deixar deaspirar a unha mellor calidade de vida. O fío condutor do libro é a ideade que a expansión dos servizos no sector agrario reflicte a respostaadaptativa dun sector que vive una profunda crise e que precisa responderás dinámicas globais da agroindustrialización e a liberalizacióndos mercados, aos novos retos da política agraria e rural, aos retos dasustentabilidade así como á evolución das propias estruturas agrariasnas últimas décadas.A través dun percorrido polos principais cambios do contexto económico,institucional e tecnolóxico que afectan ao sector agrario galego,a autora presenta ao público unha análise do cambio de modeloagrario galego no contexto da Economía de Servizos e do Coñecemento.A terciarización do sector agrario defínese pola crecente importanciae presenza dos servizos en torno ás actividades propias dasexplotacións agrarias. Máis alá da contratación de servizos especializadosde maquinaria para as tarefas en campo, que xa conta cunha notabletradición no agro galego, este estudo mostra e explica a crecenteintervención de axentes externos que aportan coñecemento técnicoespecializado para asesorar aos agricultores e gandeiros na innovacióndos procesos produtivos agrarios e, nalgúns casos, substituílos. Afondano estudo do papel desenvolvido polas cooperativas agrarias e outrasasociacións propias do sector, incluídos os propios sindicatos agrarios.Estes axentes revélanse como fundamentais na prestación de servizos,pola súa proximidade (física e cognitiva) e pola súa capacidade deconseguir economías de escala. Igualmente, poderían sentar as bases, através de novos servizos, para un novo modelo agrario sustentable queaproveite plenamente as potencialidades do rural galego.
- Titulo: Os servizos no cambio de modelo agrario
- Autor: Ángeles Pereira Sánchez
- Editora: LAIOVENTO (IBD)
- Idioma: Espanhol
- Capa: OTRO FORMATO LIBRO
- Ano de edição:
- Assunto: LIBROS > ECONOMIA Y EMPRESA
- ISBN: 9788484874478