«Pandora é o perigo;Babel, a confusión. O noso amor non ten futuro.» Ou si? Atreveríaste a acudir a unha cita a cegas? Un cruceiro polo Mediterráneo, Tunisia, Libia, Malta… Uns ollos de cor verde intensa, coma o mar en días de temporal… E Patricia, agora casada co profesor que un día dirixiu a súa frustrada tese de doutoramento, que descobre na pequena filla Mencía a pegada dun amor esquecido que regresa para atormentala. Alén dunha simple aventura, ‘ O xogo de Babel ‘ traza, desde os distintos puntos de vista e circunstancias dos protagonistas, un intenso triángulo amoroso complicado pola fidelidade debida a unha antiga amizade que, desde a infancia, une marido e amante.
- Titulo: O XOGO DE BABEL
- Autor: Gallego Abad, Elena
- Editora: XERAIS
- Idioma: Galego
- Capa: RUSTICA
- Ano de edição: 2017
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL
- ISBN: 9788491211853