Como podo dicirche que as persoas que amamos morren, nos deixan e se van? Este conto aborda dun modo delicado no texto e nas imaxes un tema que tamén o é: a morte de alguén que queremos. Nesta historia a pequena protagonista debe facer fronte á terrible perda da súa nai. Disme que non podes comprender, laméntase o pai, quen recorre a un relato para axudala a entender un feito tan doloroso como natural. Este álbum incide en que os nenos, igual que os adultos, necesitan tempo para asimilar una perda que senten profundamente.
- Titulo: O tren
- Autor:
- Editora: OQO
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2011
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 5 A 6 AÑOS