«O Tartufo representa de xeito manifesto o triunfo da liberdade de expresión fronte á censura e o intento de afogar toda crítica ao Poder. Molière mantivo unha dura loita, resistindo rexamente contra o forte sector reaccionario incrustado no aparato do Estado e acadou finalmente a liberdade de representación. E dende o século XVII aos nosos días O Tartufo ven engaiolando arreo directores e directoras, grupos teatrais e público nas máis variadas latitudes e linguas. Laiovento publica por primeira vez en galego O Tartufo na súa integridade e orixinalidade, sen cortes nin adaptacións;en verso, por fidelidade ao texto do autor e por recoñecemento á capacidade expresiva da nosa lingua, que pasa moi dignamente esta esixente proba. E a comedia acompáñase con varios documentos imprescindíbeis nunha boa edición: os tres placet nos que Molière pediu ao rei que autorizase a representación e mais o magnífico prefacio no que realiza unha inmorrente defensa do Teatro, ao que el consagrou literalmente a súa vida».
- Titulo: O TARTUFO
- Autor: Molère
- Editora: LAIOVENTO (IBD)
- Idioma: Galego
- Capa: OTRO FORMATO LIBRO
- Ano de edição: 2018
- Assunto: LIBROS > ARTE, ARQUITECTURA, CINE Y FOTOGRAFIA > PINTURA, ESCULTURA, DANZA Y TEATRO
- ISBN: 9788484873914