Todo está pronto para a festa de homenaxe ao ex tenista Basil Rallis a bordo da goleta La Giralda, nas fermosas augas da baía de Santander cando a organizadora, a arrebatadora Judith Pombo, aparece morta encerrada no seu camarote. Todos os invitados pasan a ser sospeitosos nun caso de asasinato aparentemente imposible. María Oruña homenaxea as novelas de «cuarto pechado» nesta emocionante historia policial onde a tenente galega Valentina Redondo non só terá que resolver o crebacabezas do crime máis estraño da súa carreira senón tamén recompoñer as pezas da súa propia vida.
- Titulo: O que a marea esconde
- Autor: Oruña, María
- Editora: AIRA EDITORIAL
- Idioma: Galego
- Capa: RUSTICA
- Ano de edição: 2021
- Assunto: LIBROS > NARRATIVA > NEGRA, POLICIACA Y SUSPENSE;LIBROS > NARRATIVA > TERROR Y MISTERIO