Jinn e Phyllis estaban pasando unhas vacacións marabillosas no espazo, o máis lonxe posible dos astros habitados. Naquel tempo, eran habituais as viaxes interplanetarias, e as expedicións intersiderais non resultaban excepcionais. Os foguetes levaban turistas até as prodixiosas paisaxes de Sirio ou financeiros ás famosas bolsas de Arturo e de Aldebarán? ?O planeta dos simios? pódese encadrar nas fantasías distópicas ou antiutópicas que abundaron no pasado século XX, con exemplos como ?Un mundo feliz? de Huxley ou ?1984? de Orwell. Esta obra de Pierre Boulle presenta un mundo futuro onde os humanos son gobernados por simios, como crítica á obsesión da nosa especie por dominar o planeta. Tamén expón o problema da discriminación racial na xerarquía de castas implantada nesa ficticia sociedade simiesca: os gorilas no alto do escalafón ostentando o poder militar, a continuación os chimpancés polas súas habilidades científicas e intelectuais, seguidamente os orangutáns representando a clase sacerdotal, e por debaixo de todos, os humanos como man de obra.
- Titulo: O PLANETA DOS SIMIOS
- Autor: Boulle, Pierre
- Editora: FAKTORIA K DE LIBROS
- Idioma: Galego
- Capa: LIBRO EN OTRO FORMATO
- Ano de edição: 2019
- Assunto: LIBROS > NARRATIVA > FICCION
- ISBN: 9788416721436