Hai datas que nos fere. 1936 é unha delas Grazas á sabia decisión de Clara Campoamor de escribir a súa versión da aprobación do voto feminino na Segunda República, as mulleres e os homes comprometidos coa erradicación dos privilexios de xénero de século XXI contamos cun legado excepcional do que aprender, para continuar coa loita pola eliminación da subordinación feminina á que ela serviu con tanta honradez e dignidade. Das moitas cousas que nos ensinou esta interesante muller subliñaría dúas. que a batalla pola emancipación feminina nunca se pode dar por gañada, ou que, polo menos, queda moito para aproximarnos a ese ideal;e que, a pesar dos argumentos conxunturais esgrimidos en cada época cara aos avances a prol da xustiza de xénero, a oposición de fondo reside na misoxinia imperante, nun sistema de dominación que chamamos patriarcado, contra o que, aínda na actualidade, debemos enfrontarnos nos ámbitos máis diversos da nosa vida individual e colectiva.
- Titulo: O MEU PECADO MORTAL
- Autor: Campoamor, Clara
- Editora: GALAXIA
- Idioma: Galego
- Capa: LIBRO EN OTRO FORMATO
- Ano de edição: 2019
- Assunto: LIBROS > NARRATIVA
- ISBN: 9788491513476