Unha nova viaxe ao corazón de África a través dun conto sobre a importancia da calma para enfrontar as difificultades. O elefante acostumaba quitar un ollo para xogar ao pimpón coma se fose unha pelota. Un día lanzouno tan alto que acabou caendo ao río e, como non conseguía encontralo, perdeu completamente os nervios. Canto máis se axitaba, máis difícil lle resultaba encontrar o seu ollo, pero una nena que o observaba axudoulle a atopar a solución. Tras O león Kandinga e A paso de tartaruga, o narrador camerunés Boniface Ofogo achéganos unha nova fábula da tradición africana, chea de sabedoría e profundo humanismo, sobre a importancia da calma para enfrontar calquera problema ou dificultade na vida.
- Titulo: O elefante que perdeu o seu ollo
- Autor: Ofogo, Boniface / Taeger, Marc
- Editora: KALANDRAKA
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2023
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > ALBUMES ILUSTRADOS;LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 3 A 4 AÑOS
- ISBN: 9788413432618