O sol secábao todo coa súa calor abrasadora, e as nubes non facían máis que matarse a regar os campos para que medrasen as verzas e o millo, e para que as herbas fosen verdes. En canto viron que o verde se volvía amarelo, ás nubes pareceulles tan mal que decidiron facer unha folga traballando, e puxéronse a chover os sete choveres ata que quedaron sen auga. Por culpa de tanto chover a Vila de Portoseco quedou asolagada e os seus habitantes navegaban entre os tellados das casas e o campanario da igrexa. Como ían solucionalo?, pensaron as nubes. Pois podiamos facer que chovera do revés.
- Titulo: O día que choveu do revés
- Autor: Canosa, María
- Editora: XERAIS
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2016
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 3 A 4 AÑOS