A profecía cumpriuse e os clans das bruxas Omar esperan que Anaíd, a elixida do cabelo de lume que posúe o cetro do poder, acabe coas sanguinarias bruxas Odish. Pero Anaíd ten quince anos, está namorada e é máis vulnerable ca nunca aos perigos que a axexan e que a obrigan a fuxir na compaña da súa nai. Durante esta viaxe desesperada, Anaíd desentrañará a lenda negra que se forxou ao redor de Selene, durante a súa xuventude atolada e rebelde, e coñecerá a súa orixe: forxada na dureza do xeo, filla da neve, irmá da osa. Por fin, o misterio que envolvía o nacemento da elixida será desvelado. E a verdade non podería ser máis aterradora?
- Titulo: O deserto de xeo
- Autor: Maite Carranza I Gil Dolz Del Castellar
- Editora: RODEIRA
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA BLANDA O BOLSILLO
- Ano de edição: 2009
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA JUVENIL: MAS DE 12 AÑOS
- ISBN: 9788483492192