Non é habitual que as obras de escritores españois sexan traducidas ao galego, mentras que o contrario está plenamente normalizado. Que este desnivel, tan aceptado por lectores, editores e administracións, comece a crebar é moi bo sinal para as nosas letras. A normalización do galego pasa polas adaptacións da Literatura Universal, do mesmo xeito que pasa polas novas creacións literarias. Haberá quen pense que pouco hai que engadir ás numerosas edicións exsistentes das NOVELAS EXEMPLARES de Miguel de Cervantes, pero crer que esta obra non precisa ser vertida ao galego para poder ser desfrutada, é minorizala súa relevancia, non da lingua, senón da obra.Máis alá de tecnicismo profesionais, esta obra é un pracer para o lector galego, redescubrir a Cervantes, os seus amables leísmos, a precisión do seu vocabulario, as súas mordentes moralexas e o seu agarimoso coñecemento de España, das súas moitas virtudes e dos seus abraiantes defectos, a complexidade dos personaxes e a actualidade da narración, catrocentos anos despois de que aparecesen por primeira vez é un goce para calquer lector.Porque Miguel de Cervantes é, sobre todo, un autor actual, ameno e imprescindible para entender non só o seu tempo, senon este noso que nos tocou vivir.
- Titulo: NOVELAS EXEMPLARES
- Autor:
- Editora: EDITORIAL TRYMAR (IBD)
- Idioma: Galego
- Capa: LIBRO EN OTRO FORMATO
- Ano de edição: 2014
- Assunto: LIBROS > LITERATURA > LITERATURA CLASICA