Mortiña é unha nena, pero non é coma as demais: é unha nena zombi. Vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable Tristeiro, un can que non se sabe se está vivo ou morto. A Mortiña encantaríalle ter amigos da súa idade cos que xogar e divertirse, pero a súa tía prohibiulle deixarse ver: podería asustar a xente. Un día preséntaselle unha oportunidade única: a festa de Halloween! Mortiña nin sequera ten que disfrazarse… Pero que pasará cando os demais nenos descubran que non leva máscara?
- Titulo: MORTIÑA
- Autor: Cantini, Barbara
- Editora: HERCULES EDICIONES
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2018
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS
- ISBN: 9788494917615