Esta guía, que recolle as 556 especies máis habituais en Galicia, é especialmente importante para a Micoloxía Galega, porque conxuga nun mesmo traballo a experiencia herdada dos nosos maiores e mestres co zume novo das últimas xeracións de micólogos, formados profesionalmente nas nosas universidades. A distribución das especies ao longo da obra é diferente ao que se ve habitualmente. Faise por ecosistemas, de tal maneira que cando pasees por unha fraga ou por un bidueiral poidas dirixirte ás páxinas relativas a estes hábitats, o que che facilitará a identificación de visu. A guía, dirixida tanto a profesionais como a persoas afeccionadas á micoloxía, segue tamén dúas máximas, unha do saber popular, só se valora e se pode conservar aquilo que se coñece, e a outra do noso gran fabulador Alvaro Cunqueiro, …dicir rula e abidueira e dorna e fonte… fanme dono da rula e da abidueira e da dorna e da fonte…, para indicar que só existe e posuímos aquilo que ten un nome, aquilo que coñecemos.
- Titulo: Guía micoloxica ecosistemas galegos
- Autor: VV.AA.
- Editora: BAIA
- Idioma: Galego
- Capa: OTRO FORMATO LIBRO
- Ano de edição: 2005
- Assunto: LIBROS > CIENCIAS, TECNOLOGIA Y MEDICINA > BIOLOGIA Y GEOLOGIA