Na infancia, a imitación constitúe un dos xeitos máis activos de obter coñecementos;os cativos perciben o mundo a través dos sentidos e, grazas á súa capacidade para imitar, interactúan co contorno. Outro estímulo vital, no seu proceso de desenvolvemento intelectual e emocional, é o xogo, porque lles permite explorar o mundo e esperta neles a imaxinación e a creatividade. Ademais, co xogo, os nenos poden practicar habilidades sociais e aprenden a relacionarse segundo unhas regras ou unhas normas. Unha historia sinxela para que comprendamos dunha forma intuitiva, onde se acha a esencia das cousas.
- Titulo: (GAL) QUEN LEVOU A LÚA?
- Autor: CATELLI, MARIO/ MATOSO, MADALENA
- Editora: OQO
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2023
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 AÑOS
- ISBN: 9788498716924