Aquela mañá, as galiñas puxeran dez ovos;pero no galiñeiro só había nove. Despois de buscalo por todos os recunchos, descubriron que o galo agochárao entre as súas plumas. – Hai moito tempo que non hai pitiños;se vós non queredes fareino eu! – Un galo? -preguntan as galiñas, sorprendidas. -E por que non? Dareille calor ao ovo día e noite e, cando naza o pito, podo ensinarlle as cousas da granxa. Nunha sociedade moderna e desenvolvida, aberta e democrática, os roles de xénero póñense en cuestión, discútense, e ata se experimenta coa súa inversión. En moitos aspectos sociais, as fronteiras son cada vez máis anchas, mesmo difusas. Vivimos nun contexto no que se proclama e defende a normalización e o respecto polas ôdiferenzasö. A loita pola liberdade e o dereito para vivir as identidades e sexualidades de forma libre permitíronnos avanzar en modelos de familia e convivencia, máis alá do molde heteropatriarcal. Neste contexto, as funcións e responsabilidades dos proxenitores biolóxicos cara aos seus descendentes escenifícanse e repártense, ata o extremo de aparecer como algo natural aquilo que a bioloxía non parecía capaz de asumir. É un reto educar na defensa e a reivindicación de todos estes avances sociais. Desta maneira, e xogando con personaxes animais, para afianzar o aspecto emocional e dos sentimentos, trasládase ao lector en formación a posibilidade, quizá tamén a necesidade, de comprender e asumir determinados comportamentos humanos e sociais que, cada vez máis, se contemplan e aceptan como ônaturaisö.
- Titulo: (GAL) O GALO QUE PUXO UN OVO
- Autor: GARCÍA ACEDO, INDY/ TOVA, LAURA
- Editora: OQO
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2023
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 AÑOS
- ISBN: 9788498716900