Esta é unha das moitas historias de Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas. Viaxeira por curiosidade e necesidade, un día Leopolda deu co Gran Gogol, un cociñeiro aprendiz de violinista e fuxitivo da inxustiza. Desde entón os dous viaxan xuntos no barco de Leopolda, dando espectáculos musicais en cada lugar ao que chegan e disfrazados para pasaren inadvertidos. Non é para menos: un rei e mais unha duquesa andan tras deles.
- Titulo: FRED QUINCALLA, O NóMADE DO MAR
- Autor: GONZáLEZ COSTA, TERESA
- Editora: XERAIS
- Idioma: Galego
- Capa: RUSTICA
- Ano de edição: 2017
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 10 A 12 AÑOS