No prólogo da reedición de La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (1987), Ricardo Carvalho Calero manifestou que había que proxectar a atención sobre a historiografía da época enfrontando con método obxectivo as fontes documentais e as testemuñas presenciais. Iso fi xo a autora deste volume cando preparou a primeira edición deste libro, que obtivo o Premio Ánxel Fole en 1992. Ao material documental e gráfico proporcionado pola súa compañeira de vida Mª Ignacia Ramos Díez, totalmente inédito na altura, engadíronse valiosos testemuños de compañeiros e compañeiras que o coñeceron e trataron. A esas fontes uniuse a investigación da autora e a consulta exhaustiva de fontes hemerográficas para construír o espazo biográfico carvalhiano que abranxe de 1910 a 1941, un período crucial na súa formación e na súa vida, coa ditadura de Primo de Rivera, a República e a guerra (in)civil como pano de fondo;un período que se desenvolve en tres capítulos centrados na infancia e adolescencia no seu Ferrol natal, o primeiro;en Compostela e Ferrol, o segundo;e en Madrid, Valencia, Andalucía e Ferrol, o terceiro. As formulacións galeguistas, a escrita, a metodoloxía da obra investigadora, o polifacetismo enciclopédico, a actividade cultural do ferrolán teñen a súa orixe no tempo que antecede ao período bélico, etapa que conformou Foula o ronsel. Os anos que marcaron a biografía de Ricardo Carvalho Calero (1910-1941
- Titulo: Foula e ronsel
- Autor: Marco López, Aurora
- Editora: LAIOVENTO (IBD)
- Idioma: Galego
- Capa: OTRO FORMATO LIBRO
- Ano de edição: 2020
- Assunto: LIBROS > LITERATURA > ENSAYOS
- ISBN: 9788484874713