«Declárome culpable: / asasinei o eu lírico». Estás convidada, querida persoa lectora, a participar neste crime e a acumular a ficción da cultura de masas e da ‘ high art ‘ . Avisada quedas desde agora: has ter que tomar decisións: unha corredoira ou a outra. Nunca no medio. Soltarás cancelas (enxértese unha advertencia aquí) e bosquexarás sorrisos neste enredo paranoico dos artefactos artísticos preparados para estoupar en calquera momento. Sen artificios. Con sinceridade animal. Estás preparada, entón, miña querida persoa lectora, para darlle ao play e comezar o xogo?
- Titulo: CULPABLE
- Autor: Ríos, Eli
- Editora: XERAIS
- Idioma: Galego
- Capa: RUSTICA
- Ano de edição: 2017
- Assunto: LIBROS > LITERATURA > POESIA