A pandemia arrasou as vidas e as economías, deixounos unha sociedade máis vulnerable e, como herdanza, a Covid persistente. Algúns quixeron relativizar o impacto, pero outros tentamos axudar a combater o virus. A ciencia foi a táboa de salvación á que nos agarramos en momentos de incerteza e angustia;protexeunos, achegounos ao benestar e, en definitiva, foi quen nos rescatou da pandemia. Este libro conta como reaccionamos e como o apoio á investigación trouxo vacinas e terapias, aflorou a esperanza e comezamos a ver a luz ao final do túnel. Grazas ao aprendido, afrontaremos mellor os desafíos no futuro, por iso cómpre coñecer a ciencia e aplicala a conciencia.
- Titulo: Consciencia: A ciencia que nos rescatou da pandemia
- Autor: VILLAPOL SALGADO, SONIA
- Editora: XERAIS
- Idioma: Galego
- Capa: RUSTICA
- Ano de edição: 2023
- Assunto: LIBROS > CIENCIAS, TECNOLOGIA Y MEDICINA
- ISBN: 9788411103572