Tome o tempo que precise, vaia na procura do momento en que non teña nada que facer nin nada polo que preocuparse. Saia da casa, achéguese a esa acolledora cafetaría que tanto lle gusta. Pida un café ben quente, e mentres agarda a que llo sirvan, mire a través da ventá a fermosa paisaxe que se amosa… (David Pintor) David Pintor comparte neste caderno de viaxe a súa visión máis persoal dunha das cidades históricas máis fermosas, acolledoras e entrañables, xa non só de Galicia ou de España, senón acaso do mundo enteiro. Coas súas peculiaridades, cos seus contrastes, coas súas sorpresas. Unha bici como medio de locomoción, unha libreta e un rotulador como medio de expresión, e un bo café como incentivo para cada paseo, son os fíos condutores deste libro de artista.
- Titulo: Compostela
- Autor: Pintor Noguerol, David
- Editora: KALANDRAKA
- Idioma: Espanhol
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2010
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 AÑOS
- ISBN: 9788484647515