No labirinto da cidade, un neno debe coidar dos maiores, escorrentar os fantasmas, procurar comidaà Confía en que a maxia da palabra cambie as cousas, e en que a noite non sexa tan fría. Este álbum trata de maneira literaria, os problemas dos nenos abandonados nas rúas brasileiras. Un libro escrito desde a óptica dun menino da rúa que quere aprender a escribir. Grazas a esta ilusión, o pequeno recobra as esperanzas de saír da pobreza e da violencia nas que se atopa inmerso. Lectura obrigada, tanto pola súa beleza estética e literaria como polo testemuño social porque mentres existan desigualdades sociais, e mentres haxa ignorancia e miseria na terra, libros como este non serán inútiles.
- Titulo: Cobertor de estrelas
- Autor:
- Editora: OQO
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2005
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 5 A 6 AÑOS