Leopoldo Pardo -Leopardo-, ex-presidiario e antigo vixilante xurado, traballa agora na cidade de Auria como axente de seguros da compañía Nationale Switzerland. Un día recibe un encargo especial dun cliente extravagante: asegurar sete obxectos paradigmáticos da cultura galega entre os que están a máquina de escribir de Blanco Amor ou a caveira de Breogán. Os sete obxectos están asociados a sete contravalores que rexen a sociedade actual e Leopardo deberá documentar graficamente a existencia deses antivalores para cobrar as primas das pólizas. Unha tarefa considerada fácil en primeira instancia… Bóveda ofrece, agora en Xerais Narrativa, o terceiro volume das andanzas do inefable Leopoldo Pardo, comezadas en ‘ Asasinato no centro comercial ‘ e continuadas en ‘ A morte vén en chancletas ‘ . « ‘ As sete mortes de Leopoldo Pardo ‘ é unha das mellores obras do autor ourensán, na que se conxugan a ironía, un pouso tolo de obras de Vicente Risco e Curros Enríquez, e unha análise revelada da putrefacción nos comportamentos sociais de hoxe en día.» (Herminio Espada Gómez) «Unha revisión moderna do ‘ Divino Sainete ‘ , unha homenaxe secreta á novela ‘ Drácula ‘ , chea de simbolismos e chiscadelas a dúas culturas: a galega e a popular. En definitiva, outra xanela aberta nas letras galegas.» (Francisco Roque Brito)
- Titulo: AS SETE MORTES DE LEOPOLDO PARDO
- Autor: BÓVEDA, JORGE EMILIO
- Editora: XERAIS
- Idioma: Galego
- Capa: LIBRO EN OTRO FORMATO
- Ano de edição: 2018
- Assunto: LIBROS > NARRATIVA
- ISBN: 9788491213055