En tempos remotos, as princesas vivían fechadas en torres mentres agardaban a chegada de príncipes con sangue azul. As pandeireteiras, pola contra, tiñan que buscar a vida polos camiños… Con todo, nin moitas das mulleres se resignaban ao seu destino nin todas as princesas se conformaban con non poder ver o mundo cos seus propios ollos. Aínda que daquela había homes ruíns nas encrucilladas e nas tabernas, ou en pazos baixo da terra, tamén había mozas que loitaban para poderen ser elas en liberdade. Esta é unha historia que fala de princesas rebeldes e de músicas ventureiras, que nos lembra que non todos os contos son exactamente como nolos contaban.
- Titulo: As músicas viaxeiras
- Autor: Caride, Ramón
- Editora: XERAIS
- Idioma: Galego
- Capa: OTRO FORMATO LIBRO
- Ano de edição: 2021
- Assunto: