As vidas de Gabriel e Lis encóntranse en Aldara, a cativa a quen el quere salvar, a quen ela só sabe odiar. Amor e odio, verdade e mentira son os alicerces duns personaxes que se debaten entre a decepción pola vida que lles tocou en sorte e a esperanza de que, por unha vez, todo poida ira a mellor. As mellores intencións é unha historia de amores obsesivos, os que senten Gabriel por Aldara, a cativa pola súa nai, Lis polo ‘miñoca’. Un conto cruel cunha rapariga enfeitizada, unha cinsenta ferida e ferinte e un narrador que agocha, baixo a máscara da pasividade, unha cerna escura e implacable.
- Titulo: As mellores intencións
- Autor: Paz, Begoña
- Editora: XERAIS
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA BLANDA O BOLSILLO
- Ano de edição: 2008
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA JUVENIL: MAS DE 12 AÑOS
- ISBN: 9788497827294