Son as crónicas dos espectros as que chegan ao lector na voz do Sochantre Pontivy. Nos tempos da Revolución Francesa, o sochantre viaxa polos camiños da Bretaña acompañado por unha comitiva de mortos contadores de historias. En palabras de Carballo Calero, ‘asombra a coherencia xeográfica e histórica’ do libro, no que se bota de ver o fondo coñecemento que Cunqueiro posuía do país da Bretaña coma dos costumes franceses da época da Revolución. Historias de misterio e crime, que o autor escribiu cun gran talento creador, acaban por seducir a todo tipo de lectores. As crónicas do Sochantre, publicadas no ano 1956, son hoxe un clásico da literatura galega.
- Titulo: As crónicas do Sochantre
- Autor: Cunqueiro, Álvaro
- Editora: GALAXIA
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA BLANDA O BOLSILLO
- Ano de edição:
- Assunto: LIBROS > LITERATURA > LITERATURA CLASICA
- ISBN: 9788482886695