‘Sabedes o que é o amor? Eu seino ben. Non volo podo explicar, o amor séntese pero non hai unha maneira de definilo, aínda que sentír séntese con moita intensidade, podo aseguralo, sei o que digo. Chámome Barucho, Alvaro en realidade, pero o meu avó dicíame Barucho e todos me chaman así. Teño oito anos e o primeiro día da escola, cando empezaba o terceiro curso de primaria, foi máxico’. Así comeza esta nova historia nacida da fecunda imaxinación de X.H. Rivadulla Corcón. Un libro cheo de personaxes máxicos que van engaiolarte dende a primeira palabra ata a derradeira. Barucho ten un ano máxico. Coñece o amor.
- Titulo: Amar unha serea
- Autor: Rivadulla Conde, José Henrique
- Editora: GALAXIA
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA BLANDA O BOLSILLO
- Ano de edição: 2010
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 10 A 12 AÑOS
- ISBN: 9788498652949