Alvaro, un neno fraco, gafotas e despistado, nun día de excursión cos seus compañeiros de clase caeu nun furado da Cova do Rei Cintolo. Dende entón ten que sufrir a existencia doutro individuo que é verdadeiramente igual a el, en todas as cousas e en todas as circunstancias, coma se fose o seu xemelgo ou a súa imaxe no espello. Alvaro comprobará que o suplanta na súa casa, que lle rouba o seu sitio, os seus xoguetes, e, mesmo, o cariño dos seus pais. Mais ó verdadeiro Alvaro ninguén o cre, coa excepción da súa irmá que desconfía do novo. Outra historia fantástica inesquecible do escritor Xosé Miranda narrada con grande sinxeleza, eficacia e humor. Patricia Castelao, unha das revelacións da nova ilustración galega, dá vida a este simpático personaxe.
- Titulo: Álvaro e Álvaro
- Autor: Miranda, Xosé
- Editora: XERAIS
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA BLANDA O BOLSILLO
- Ano de edição: 2004
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 10 A 12 AÑOS
- ISBN: 9788497822145