A vida nova de Madame Bovary conta a historia de Hermelinda que, enganada polo seu marido, abandona a vida familiar pretérita para se refuxiar nunha peculiar casa de hóspedes chamada O Gatopardo. Lugar de encontro de perdedores, ilusos e namorados, de alí vai abrollar o intenso aluvión de historias que asolaga a novela. Un festín esperpéntico, unha obra narrativa que desmitifica o fracaso ao tempo que ergue un poderoso mundo ficcional, cheo de paixón literaria, pulo vital, humor e sensibilidade. A literatura como realidade que xorde da mesma literatura é a certeza da que parte a nova novela de Xosé Carlos Caneiro.
- Titulo: A vida nova de Madame Bovary
- Autor: Caneiro, Xosé Carlos
- Editora: GALAXIA
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA BLANDA O BOLSILLO
- Ano de edição: 2008
- Assunto: LIBROS > LITERATURA
- ISBN: 9788498650914