Eu era unha moza tan común coma calquera outra. Ía á clase, discutía cos meus pais e amaba incondicionalmente os meus amigos. E, de cando en vez, namorábame de quen non debía, como lle pasa a todo o mundo. Non había nada novelesco en min, nada heroico que merecese unha presa de páxinas, e por iso esta historia non irá dos meus pais nin dos meus colegas nin dos meus namorados;non irá da rutuna dunha estudante de bacharelato que se aburre no institutoà Esta historia terá un só protagonista e ese protagonista será un nariz. Un nariz soado, desproporcionado. O nariz dun heroe nado en Bergerac e de nome Cyrano.
- Titulo: A síndrome de Bergerac (Premio EDEBÉ de Literatura Xuvenil 2021)
- Autor: Gutiérrez Domínguez, Pablo
- Editora: RODEIRA
- Idioma: Galego
- Capa: RUSTICA
- Ano de edição: 2021
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA JUVENIL: MAS DE 12 AÑOS