Unha mañá, o comisario Montalbano descobre diante da súa casa o cadáver dun cabalo, sacrificado dun xeito brutal. ¿Trátase dunha ameaza, é un sinal ou un aviso? ¿Que sentido ten esa morte? A partir dese estraño achado, a investigación vaino poñer en contacto co luxoso e tamén ridículo mundo da equitación e da alta sociedade, cunha fermosa amazona e, en contraposición, cos primeiros síntomas da propia decadencia. Con sentido do humor e sutileza literaria, Andrea Camilleri escribe unha divertida novela policial ao tempo que desvela o temor ás pegadas do tempo.
- Titulo: A pista de area
- Autor: Camilleri, Andrea
- Editora: GALAXIA
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA BLANDA O BOLSILLO
- Ano de edição: 2007
- Assunto: LIBROS > NARRATIVA
- ISBN: 9788498650310