Raymond era un apaixonado da bicicleta e experto na apertura de todo tipo de cadeados. Membro dunha familia de saltimbanquis, a súa ilusión era participar nunha gran carreira ciclista, razón pola que era capaz de pedalear todo o día sobre ‘ Vancouver ‘ , a súa bicicleta azul e vermella. Cando chegou á nova vila amigou axiña con Elías Brimarán, que traballaba no estaleiro familiar e a quen todos os deportes ao aire libre lle encantaban. Xaora, os dous amigos quedarán abraiados ao veren como Valentina aprendera tan rápido a andar e facer acrobacias sobre a súa ‘ Celífera ‘ , progresando sobre a bicicleta a unha velocidade que ninguén imaxinara nunca. Precuela de ‘ A filla do ladrón de bicicletas ‘ , Premio Merlín de Literatura Infantil 2010, esta novela consolida un mundo asombroso de fantasía, cheo de humor e tenrura.
- Titulo: A NOITE DAS BICICLETAS
- Autor: González Costa, Teresa
- Editora: XERAIS
- Idioma: Galego
- Capa: RUSTICA
- Ano de edição: 2018
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 10 A 12 AÑOS