Namorado dunha misteriosa moza que coñecera onda o mar, o protagonista desta adaptación de varias lendas da cultura selkie -vencellada a criaturas mitolóxicas acuáticas con raigame en Irlanda, Escocia, Islandia e as illas Feroe- toma a súa sombra para evitar que esta o abandone. Pasado o tempo, o fillo de ambos descubrirá un antigo cofre que lle pertencera ao seu pai na súa época de navegante;o tesouro que contén determinará o seu futuro. O amor e a nostalxia están presentes neste texto de palabras engaiolantes directas;unha historia soñadora, de sabor agridoce pero de intensa beleza. Humanos, peixes e outros seres fantásticos superpóñense e fusiónanse sen límites nunhas ilustracións hipnóticas e de sobrio colorido, de rotunda expresividade e atmosfera portentosa.
- Titulo: A nai sombra
- Autor: Virgo, Seán
- Editora: KALANDRAKA
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2021
- Assunto: