Marcela vive coa súa avoa, a castañeira, e unha boneca de trapo gastada polo tempo e os abrazos. Polo Nadal, a avoa monta o posto fronte á tenda de xoguetes e, entre o ir e vir da xente que merca regalos, non pode deixar de mirar a boneca de porcelana do escaparate. Nunha época onde nos vemos desbordados pola publicidade e os nenos piden como agasallo o que ven nos anuncios, esquecemos que o valor dun xoguete está na súa capacidade para facernos soñar, máis que no seu valor económico.
- Titulo: A boneca e a castañeira
- Autor:
- Editora: OQO
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição:
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 5 A 6 AÑOS
- ISBN: 9788498710687