Hai selvas-illa, selvas-montaña e selvastrampolín. En cada selva hai un lobo, un alce e un caribú. Pero nesta selva había unha árbore que non era como as outras: falaba. ùNunca vira unha árbore tan pouco árbore -dixo o lobo. Neste álbum singular, Miguel A. Pérez Arteaga ilustra unha antiga fábula africana a partir de materiais reciclados: anacos de madeira, arames enferruxados, cartón…, cos que crea un ambiente poético e inspirador. Deste modo, busca educar e desenvolver a sensibilidade artística e creativa, e motivar os lectores a construír as súas propias historias a través de obxectos cotiáns.
- Titulo: A árbore tan pouco árbore
- Autor:
- Editora: OQO
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2012
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS
- ISBN: 9788498713657